lunes, 23 de diciembre de 2013

INFERNO

Círculo 8.Os fraudulentos. Aduladores, corruptos, ladróns, falsos profetas, etc. Aquí son sometidos a terribles torturas. ilustración de Gustave Doré para a Divina Comedia

“Os lugares máis escuros do inferno están reservados para os que manteñen a neutralidade nas épocas de crise moral”


Esta frase sacada da Divina Comedia de Dante figura no epílogo da novela de Dan Brown, Inferno.
Novela que nos presenta o problema do crecemento exponencial da poboación mundial e a mingua de recursos enerxéticos que de non corrixirse a curto prazo conducirá á humanidade ó seu propio exterminio por escaseza de alimentos e outros recursos básicos.
Este escenario ponnos diante do dilema de se os organismos públicos (OMS, CDC) deben atallar o problema con medidas destinadas á regulación da natalidade ou por o contrario se respecta a liberdade de cada individuo.

Inda que penso que é moi interesante e preocupante a longo prazo a cuestión que expón, non quero falar de esta novela, de este inferno.
Quero falar de un inferno máis próximo, de un inferno que nos queima cada intre que nos paramos a pensar como están vivindo tantas familias que hai uns anos vivían dignamente de un traballo e hoxe están a vivir da caridade pública.
Non quero estenderme en dramatismos. Quero simplemente tratar de facer visible un problema ético.
É xusto que un Goberno aboque á poboación a que sufra por falta de alimentos, de electricidade, de formación, de cultura, coa incerta finalidade de conseguir un hipotético futuro mellor, que na máis optimista das hipóteses, sempre será peor que o pasado?


Para min non é xusto e na medida das miñas forzas apoiarei a quen loite por acabar con esta situación.
Pero tamén comprendo a aqueles que de boa fe ou en defensa dos seus intereses loitan por o contrario.

Non podo nen quero entender os mornos.

Estamos diante de unha profunda crise moral e hai que definirse, pois

Os lugares máis escuros do inferno están reservados para os que manteñen a neutralidade nas épocas de crise moral”

No hay comentarios: