Os boletos no seu medio natural teñen forma de rollas de cava
Esta semana pasada
apañando cogomelos na serra de Soajo encontrei á agulla no
palleiro. Un incrible caso de un Boletus Edulis ,
que de forma natural meteu o pé e o sombreiro polo colo dunha
botella. Apostaría a que foi un caso único na Natureza. Pero foi. O
que nos demostra que os seres vivos son capaces de reproducirse nas
condicións máis adversas.
O boleto transformase para meterse na botella que o asfixia.
O
paradigma de esta adaptación ó medio somos os humanos, capaces de
crear condicións para resistir tanto ó medio físico coma ó
climático máis adversos.
Somos incluso capaces de adaptarnos a medios sociais que non
resistirían o resto das especies. Soportamos que nos tiren a
liberdade, o dereito a unha vivenda digna, o dereito á saúde, o
dereito á educación... A historia móstranos elocuentes exemplos de esta adaptación.
Agora estou pensando naqueles españois, que coma o
boleto se meteron (e nos meteron) polo colo da botella coma un un tapón de cava,sen reparar que o pé que se afusta contra o interior do colo
deixa sen are e sen vida ás esporas.
Hai
outras formas de saír da crise.
Non entres polo colo da botella!
Revélate!
No hay comentarios:
Publicar un comentario