("Irmáns! ¡Irmáns galegos!
¡Desde Ortegal ó Miño
a folla do fouciño
fagamos rebrillar")
esqueceu que hai outros galegos máis alá do río Miño, que están sendo sometidos polo estado Portugués. Galegos tamén son os que habitan entre o Miño e o Douro.
É certo que manteñen a súa fala, ainda que con moitos agravios. Un labrego das montañas do norte, para un alentexano, non fala portugués que fala galego. Tenme acontecido que falando coa xente das vilas miñotas no galego da miña aldea téñenme feita esta observación:
-"Voçe fala á moda antiga"
Hai movementos na Galicia, que tratan de un encomiable achegamento da lingua galega á portuguesa (orixinariamente a mesma) a través da grafía, que sen dúbida tería un gran impacto no campo editorial, por dispoñer de un mercado de máis de douscentos millóns de falantes.
Nesta luta está a asociación político-filolóxica AGAL, que entre outras moitas razóns máis ou menos cuestionables, mantén esta irrefutable, que colocaría nas librerías galegas miles de libros ós que só temos acceso en castelán.
o Profesor Lage, que daba aulas de físicas na Universidade de Porto, e natural do vale do Lima (Limia) e tamén un estudoso da historia da comarca, sostén que os miñotos e trasmontanos son galegos. Algo obvio, que xa tiñan constatado os romanos 2.000 anos antes. Mais a presión política e mediatícea de Lisboa, danlle o termo un senso pexorativo que coma un fino orballo vai calando no subconsciente colectivo.
A comunidade europea recoñece que Galicia e o Norte de Portugal son xeográficamente e étnicamente un todo, que definen como euro-rexión.
Máis non só en Madrid poñen pedriñas nos zapatos dos galegos para que non poidamos camiñar xuntos. Se cadra poñen máis en Lisboa con un sistema máis centralista.
Non hai moitos anos abortouse a rexionalización, con un referendo que gañaron os xacobinos centrados no sur do río Douro.
Estes días aprobouse coa complicidade dos dous grandes partidos da política portuguesa unha taxa para aplicar os vehículos que entran nas autovías portuguesas unicamente por a raia galega, da mesma que separa ós galegos da Galicia española dos da Galicia portuguesa.
Nunca deberemos esquecer, que Portugal, o mesmo que España, foron imperios.
Digo isto por o despréceo que sempre demostraron os imperios pola cultura dos pobos dominados.
Neste día da Patria Galega, esquezamonos dos intereses de Madrid e de Lisboa, que son semellantes e centrémonos na Galicia dos galegos, da que vai de Estaca de Bares ó Douro.