miércoles, 7 de julio de 2010

CONCELLO DE AROUSA

Agradezolle a Juan poza esta foto para reivindicar o Concello de Arousa.

Cando na conversa un dos contertulios despois de soltar un topico sobre os da illa de Arousa reparou que eu non concordaba coa súa vulgar opinión, antes que formulara a miña protesta disculpouse:
-Perdoa, pero ti non eres illán.

Hai un ano, máis ou menos, que escribía no blog "arousa día a día" http://sito-vazquez.blogspot.com/ un traballo co título "A ILLA QUE PERDEU O NOME". Pensei, daquela, que anque perdera o nome non perdera o xentilicio e que os da illa que perdera o nome seguiríanse a chamar arousáns.

De maneira que lle respondín:
-Non che vou ir sobre o clixé racista ou clasista que tes sobre a Arousa, pero non che permito que me insultes chamándome illán.
-Xa sei que tí non eres da illa...
- Son da Arousa por adopción, por amor a esa terra e a súa xente, por iso me doe que nos chames illáns.
-Como queres,logo, que lle chame os da Illa?
-Pois como se chamaron sempre, Arousáns.
-Arousáns, somos todos os que vivimos na ría de Arousa.-Terciou outro dos contertulios.
-Perdoa, Paco, ti eres cambadés ou salesiano. Arousáns son só os da illa de Arousa. Na ría non vive a xente.
Vives nun pobo dentro de unha comarca a veira da ría de Arousa: O barbanza, O Salnés, O Ullán.


Dos catro que estabamos na conversa tres viñeron na miña contra con un argumento lóxico e difícil de revater.
-Os de Vilanova de Arousa chámanse vilanoveses, que non se chaman arousáns, os de Vilagarcía... ,así que os de a Illa...
Protestei interrumpindo:
-A diferencia está en que Arousa e o nome de unha illa, e unha illa non é máis que un accidente xeográfico, coma un cabo, un golfo ou un monte.
Por contentarme, Paco, díxome:
-Será como tí dis, pero vas ter que convencer a moita xente, pois para a mocedade, sodes os da Illa ou os "isleños", ainda que para algúns vellos sexades os da Arousa ou os arousáns...pero os vellos van morrendo.

Antes de que os vellos vaiamos morrendo e para que non insulten os nosos fillos e netos chamándolles illáns, sería ven que dende o Concello se tomasen as medidas precisas para que a Illa sen nome o recupere e os pobos veciños saiban que o noso xentilicio é arousáns.

Non sei, ou se cadra sei, quen tendo poder no seu momento, tivo a idea de antepor ó nome do Concello o dun accidente xeográfico que é evidente.

Debemos facer algo. Se é preciso facer un referendo, faise.
Nada hai imposible.
Todos xuntos por un concello de Arousa

3 comentarios:

Anónimo dijo...

.

Anónimo dijo...

Tende coidado, como vos vexa Gallego pintándolle un graffiti na casa do Concello aínda se vai cabrear...

Totalmente de acordo co artigo, xa temos falado nalgunha ocasión deste tema. O que non lembro foi o momento e o motivo do cambio, pois penso que dende o principio cartazes e documentación falaban de "Concello de Arousa". Creo que foi unha decisión da Xunta, mais non lembro. No proceso de segregación cometéronse algúns erros, como o do Areoso e Xidoiros, finalmente arranxado. A ver si o do nome tamén se corrixe. Seguro que Xoan Dopico sabe algo do asunto. Haberá que lle preguntar.

Juan dijo...

Como en toda discusión a razón téñena as dúas partes: Os habitantes dunha illa son isleños, así como os habitantes das penínsulas son peninsulares.
Son isleños os habitantes de Ibiza, A Toxa, Sicilia ou As Bahamas.
Claro que se queremos ubicalos un pouco mellor teremos que dicir que ademáis de peninsular é madrileño ou coruñés.
Para diferenciar a un isleño ibicenco dun arousán teríamos que recorrer ao patronímico, igual que o faríamos cun continental para saber se é francés ou alemán.
Claro está, que sendo Francia tan grande, poderíamos concretar un pouco máis dicindo que é parisino.
O problema é quen perde o nome patronímico convértese nun apátrida, é dicir, non sabemos onde ubicalo: ¿isleño de onde?