jueves, 14 de enero de 2016

POLÍTICA PARA POBRES.

POLÍTICA PARA POBRES.


As termas públicas do Baño atópanse na comarca da Baixa Limia. Inda que unha boa parte do ano están asolagadas por as augas da presa das Conchas os adictos as augas termais -entre os que me conto- temos os contactos para comunicarnos cando baixan as augas do encoro e van deixando descubertas as pozas. Velaí que dous días despois de ficar descubertas xa se encontren concorridas por xentes que veñen de todas partes, aínda que maioritariamente de Portugal.
As termas vista desde o campamento romano de Aquis Querquennis.

Cada poza ten os seus siereiros. Particularmente tomo o baño na poza grande (inda que non é a maior, denominámola así porque é a máis fonda e ten a auga máis quente). É de todas a que ten máis fieis, e por así dicilo a poza dos veteranos. Alí sentados, relaxados a xente fala de todo: das colleitas, da caza, dos cogomelos, do fútbol, do gando, da pesca, da vendima, dos froiteiras, da poda, das pragas, da cociña e da culinaria, dos nudistas e do nudismo (sempre hai algún nudista e tamén xente que non ve con bos ollos esta práctica e da para sacar o tema), da igrexa, de política e dos portugueses e dos españois, en fin, da vida. A lingua vehicular é un portugalego no que todos nos entendemos.

Hai uns dous meses falábase do novo goberno portugués. 
Un xubilado de Leixoes rachaba a boca chea contra o Presidente da República por que lle encargara facer goberno ós “comunistas” (así denominaba ós partidos de esquerda). O opción máis votada nas eleccións de setembro fora unha coalición de todos os partidos da dereita que ficou por debaixo do 40% no escrutinio. O presidente encargoulle formar goberno, pero so durou un mes pois ó carecer de maioría todas as propostas que presentou no parlamento foron rexeitadas pola oposición que contaba co 60% dos deputados.

Na conversa en principio participaban dúas ou tres persoas, pero e habitual que os demais entren coa cerimonia de “se me permiten” polo que pronto engordou o número de conversadores. A maioría sostiña que quen gaña, gaña e era a quen lle correspondía gobernar. 
Un doutor de Braga era o único que xustificaba que puidese e incluso debería gobernar o partido que contase con máis apoios no parlamento, pois no caso contrario non se podían aprobar as leis, nin os orzamentos o que imposibilitaba a gobernabilidade.
Algúns que o coñecían calaron -un doutor é un doutor-, calaron pero non outorgaron. Era evidente que seguían sen comprender que en esa liga non lle desen a taça o campión.

Entón dirixinme o reformado de Leixoes, que insensible a autoridade do doutor seguía rachando e prognosticando un negro futuro para Portugal.
-Se me permite, señor, voulle a dar un exemplo. Pero antes dígame, voçé é reformado?
-Si, sou reformado.
-Vamos a supoñer que se presentan as eleccións 4 partidos. Un di de baixarlle a paga ós xubilados os outros tres din de subirlle a paga. Agora vamos supoñer que o primeiro gaña, pero con menos de un 40% dos votos. E dicir que de cada 100 votantes máis de 60 están de acordo con que se suban as pensións. Parécelle xusto que goberne o partido que lle vai baixar a “reforma”?.
-Não. Mais iso non vai acontecer. Pois os outros tres van votar na contra.
-Velaí, se un partido non pode aprobar as leis que prometeu no seu programa non pode gobernar. Polo tanto teñen que gobernar os outros.
-Teño sesenta e sete anos e non tiña caído na conta. Hei recoñecer que foi unha lección de política para pobres.
Quedeime coa letra “política para pobres”.



miércoles, 22 de enero de 2014

O PREMIO CARLOS V

O Premio Europeo Carlos V creado por a Fundación Academia Europea de Yuste foi outorgado ó Presidente da Comisión Europea José Manuel Durao Barroso.

Non sei cales son os méritos que o fixeron merecedor de este premio.
Este político que se fixo famoso por ser o anfitrión do trío das Azores. Favor que lle pagou Tony Blair propoñendo para Presidente da Comisión. En un momento en que non había acordo entre as principais forzas políticas para o nomeamento de un presidente de mérito, capaz de impulsar o proxecto europeo, o primeiro ministro inglés propuxo un home de baixo perfil, maleable, conforme os seus intereses de ralentizar a marcha de Unión.
Este nomeamento ó daquela primeiro ministro portugués, Durao Barroso, veulle moi ben, pois tiña o país metido en unha crise económica profunda, e ademais de ser cuestionado polo pobo, tamén o estaba sendo polas elites do seu partido.
Con esta fuga cara adiante chegou a Comisión Europea co único apoio declarado do “premier” inglés.
Para mayor abundancia de méritos pego a continuación a súa biografía sacada de un medio fiable: Wikypedia


José Manuel Durão Barroso

José Manuel Durão Barroso (Lisboa23 de marzo de 1956) es un político portugués, presidente de la Comisión Europea desde el 23 de noviembre de 2004. Antes fue primer ministro de Portugal (del 6 de abril de 2002 al 29 de junio de 2004). Está casado y tiene tres hijos.

Trayectoria política

En los años 1970, antes de la Revolución de los Claveles del 25 de abril de 1974, siendo estudiante adoptó la ideología maoísta,[1] formando parte del MRPP, siendo expulsado de este partido por robo de un camión de muebles de la Facultad de Derecho, durante la Revolución de los Claveles, afiliándose en diciembre de 1980 al Partido Social Demócrata (PSD) portugués del que llegaría a ser líder, y en el que continúa hasta el día de hoy. Es por esto que es considerado como un traidor dentro de la esfera politica.
Durante los gobiernos de Aníbal Cavaco Silva, desempeñó los siguientes puestos:
  • Subsecretario de Estado en el Ministerio de Interior (1985-1987)
  • Secretario de Estado de Asuntos Externos (1987-1992)
  • Ministro de Asuntos Exteriores (1992-1995)
En 1995, Durão Barroso fue elegido diputado en el Parlamento portugués. Cuatro años más tarde, sería designado presidente del PSD y, por lo tanto, líder de la oposición.

Gobierno

Se convirtió en Primer Ministro portugués el 6 de abril de 2002 al ganar las elecciones celebradas poco antes. Su política se vio marcada por el conservadurismo económico y por el apoyo a la Guerra de Iraq, oponiéndose así a la opinión mayoritaria de la sociedad de su país.


domingo, 19 de enero de 2014

OS CEGOS DE SARAMAGO

Penúltimo parágrafo de Ensaio sobre a cegueira.

Lin “Ensaio sobre a cegueira” no inverno de 1997. Uns meses antes de que a Ministra de Cultura de Aznar lle cambiara o sexo e a profesión ó autor. (Segundo as malas linguas, Esperanza Aguirre dixo,uns meses despois, en un programa de televisión, que Sara Mago era unha excelente Bailaora )
Dende aquela, pasoume por a cabeza moitas veces aquela parábola, dos "cegos que, vendo, non ven" pois viña a conto en demasiadas ocasións.

Agora converteuse en unha obsesión para min.
Cada vez que acordo por a noite e abro os ollos paréceme estar metido en ese mar de leite, que coma un diluvio inundaba todo o mundo dos cegos de Saramago.
Véxome en un mundo de cegos dominados polos máis ruíns sentimentos, polas máis baixas paixóns.
Todos nos refolgamos no noso egoísmo dentro de ese mar de leite, de esa cegueira branca, de ese mundo de luz cegadora.
Ese mundo de todo vale, eu a ti non te vexo, ti a min non me ves.

Os cegos da novela ignoraban que había unha muller que vía, que non fora afectada pola epidemia, e que os guiaba.
Quero soñar que esta muller está en algunha parte, ollando e guiando a tantos cegos que andamos por o mundo, e acordo coa sensación de que estou agarrado a súa man.

Na miña man so hai unha esquina do cobertor ben apretada.



lunes, 23 de diciembre de 2013

INFERNO

Círculo 8.Os fraudulentos. Aduladores, corruptos, ladróns, falsos profetas, etc. Aquí son sometidos a terribles torturas. ilustración de Gustave Doré para a Divina Comedia

“Os lugares máis escuros do inferno están reservados para os que manteñen a neutralidade nas épocas de crise moral”


Esta frase sacada da Divina Comedia de Dante figura no epílogo da novela de Dan Brown, Inferno.
Novela que nos presenta o problema do crecemento exponencial da poboación mundial e a mingua de recursos enerxéticos que de non corrixirse a curto prazo conducirá á humanidade ó seu propio exterminio por escaseza de alimentos e outros recursos básicos.
Este escenario ponnos diante do dilema de se os organismos públicos (OMS, CDC) deben atallar o problema con medidas destinadas á regulación da natalidade ou por o contrario se respecta a liberdade de cada individuo.

Inda que penso que é moi interesante e preocupante a longo prazo a cuestión que expón, non quero falar de esta novela, de este inferno.
Quero falar de un inferno máis próximo, de un inferno que nos queima cada intre que nos paramos a pensar como están vivindo tantas familias que hai uns anos vivían dignamente de un traballo e hoxe están a vivir da caridade pública.
Non quero estenderme en dramatismos. Quero simplemente tratar de facer visible un problema ético.
É xusto que un Goberno aboque á poboación a que sufra por falta de alimentos, de electricidade, de formación, de cultura, coa incerta finalidade de conseguir un hipotético futuro mellor, que na máis optimista das hipóteses, sempre será peor que o pasado?


Para min non é xusto e na medida das miñas forzas apoiarei a quen loite por acabar con esta situación.
Pero tamén comprendo a aqueles que de boa fe ou en defensa dos seus intereses loitan por o contrario.

Non podo nen quero entender os mornos.

Estamos diante de unha profunda crise moral e hai que definirse, pois

Os lugares máis escuros do inferno están reservados para os que manteñen a neutralidade nas épocas de crise moral”

miércoles, 19 de diciembre de 2012

OBELIX NA PATRIA DE TINTÍN


Obelix (Gerard Depardieu) acompañado de outros desertores fuxindo cos seus tesouros cara ó imperio romano

Estou triste porque me traizoou o meu heroe.
O compañeiro inseparable de Asterix. O simple e esforzado Obelix, sempre disposto a loitar altruistamente polas causas xustas coa súa descomunal forza. Seixo nos zapatos dos centurións romanos que querían render á irredutible aldea gala. Comedor insaciable de xabariis. Escultor e repartidor de menhires.
Traizooume, traizoou a toda a aldea gala, non quería pagar os impostos (non necesitaba escolas nin seguridade social) pasouse ós romanos, fíxose imperialista, amigo do césar.
Agora reside na patria de Tintín, outro dos meus heroes. 

jueves, 8 de noviembre de 2012

PASANDO POLO ARO


Os boletos no seu medio natural teñen forma de rollas de cava
Esta semana pasada apañando cogomelos na serra de Soajo encontrei á agulla no palleiro. Un incrible caso de un Boletus Edulis , que de forma natural meteu o pé e o sombreiro polo colo dunha botella. Apostaría a que foi un caso único na Natureza. Pero foi. O que nos demostra que os seres vivos son capaces de reproducirse nas condicións máis adversas.
O boleto transformase para meterse na botella que o asfixia.
O paradigma de esta adaptación ó medio somos os humanos, capaces de crear condicións para resistir tanto ó medio físico coma ó climático máis adversos.
 Somos incluso capaces de adaptarnos a medios sociais que non resistirían o resto das especies. Soportamos que nos tiren a liberdade, o dereito a unha vivenda digna, o dereito á saúde, o dereito á educación... A historia móstranos elocuentes exemplos de esta adaptación.  
Agora estou pensando naqueles españois, que coma o boleto  se meteron (e nos meteron) polo colo da botella coma un un tapón de cava,sen reparar que o pé que se afusta contra o interior do colo deixa sen are e sen vida ás esporas.
Hai outras formas de saír da crise.
Non entres polo colo da botella!
Revélate!

viernes, 19 de octubre de 2012

GALICIA O PAIS DAS MARABILLAS


O meigo sacou da boina (ou foi do birrete?) un coello branco. O coello correu cara o televisor, saltou e penetrou na pantalla da TVG. Galicia, curiosa seguiu ó coello e en canto se acercou ó aparato unha forza absorbente, magnética, chupouna para dentro. Foi coma un refacho en remuiño, que lle centrifugaba as ideas convertendo a materia gris en materia rosa.

Entón a Galicia comezaron a acontecerlle cousas prodixiosas.

Os douscentos mil traballadores que perderon o emprego nos tempos do feiticeiro, teñen a bendita sorte de poder dedicarlle máis tempo ós seus. Tamén teñen a oportunidade de explorar outros países na procura de traballo.

Os universitarios saen a ofrecer os seus coñecementos polo mundo adiante. Non coma antes que os galegos tiñan que emigrar. Agora exportan coñecementos.

Os labregos, agora non son labregos, son empresarios leiteiros que poden permitirse vender o leite mellor e máis barato de Europa a 28 céntimos o litro.
Os pataqueiros do Limia, co valor de un saco de patacas poden comprar un pack de yogurt.

Os mariñeiros xa non teñen que facer tantos días de mar indo pescar as lonxevas augas da Mauritania, agora poden pescar ó abrigo do peirao.
As mariscadoras, e mariscadores, con un quilogramo de ameixas, poden permitirse tomar un cubata.

Os bateeiros, con un saco de mexillóns poden comprar o xornal a crédito, pois como son un colectivo que non sabe administrarse teñen un sistema de cobro especial, cobran cando cobran se cobran.

Nos estaleiros fanse barcoteis de papel contrato secreto, para que os empregados de Navantia poidan durmir na salas do concello de Ferrol.

As aulas acollen moitos máis alumnos para fomentar a solidaridade entre eles. De maiores poderán presumir de ter moitos compañeiros de aulas que chegaron a ser novos exploradores na China.

Os médicos poderán sentirse satisfeitos de poder dedicarlle dous minutos a cada paciente. De esa maneira non terán tempo de contaxiarse.

As listas de espera dos hospitais redúcense e os pacientes tamén. Coma no conto de Alicia.

Porque, señores, Galicia é un país ó que lle suceden todas estas prodixiosas cousas desde que foi aducida pola pantalla da TVG.

No conto de Lewis Carroll, Alicia despertaba ó caerlle unha folla de unha árbore na cara.
Como estamos no outono e as follas caen de seu natural, espero que o día 21 de outubro, caian moitas follas sobre Galicia que a devolvan a realidade.

jueves, 18 de octubre de 2012

NUNCA MAIS NON SIGNIFICA ESQUECEMENTO


Dez anos despois da catástrofe do Prestige estase a celebrar na Audiencia de A Coruña o xuízo para depurar responsabilidades.

Galicia estaba indignada polas mentiras procedentes dos responsables dos Gobernos, tanto do central como do autonómico.
Os mariñeiros vían como o chapapote chegaba á porta das súas casa, e cando ollaban cara a televisión asombrábanse ca cara lavada dos políticos que negaban a evidencia con imaxes paradisíacas das nosas costas.
Diante de tantas mentiras, de tantos enganos a indignación do pobo galego rebentou en multitudinarias manifestacións e en un grito unánime: NUNCA MAIS!



Aquela foi unha catástrofe que non se tornou en desastre total porque o pobo foi protagonista da maior epopea da historia de Galicia. Como un pobo desesperado que se enfronta a un exército invasor ben armado que avanza inexorable, os mariñeiros das nosas rías batéronse desarmados, coa forza que da a desesperación, contra ese negro inimigo que ameazaba con levar por diante o seu futuro e o dos seus fillos.

Un estremecemento recorreu a espiña dorsal do país ó ver as imaxes heroicas de aqueles homes do mar loitando desesperadamente contra aquel viscoso invasor. Miles de voluntarios solidarios, procedentes de toda España, achegáronse as nosas costas para axudar nas labores de limpeza.
Foi un xesto sen precedentes.

Toda Galicia se cubriu con un velo negro onde se podía ler o verro desesperado de NUNCA MAIS.
Nos coches, nas xanelas das casas, nos bandeiras dos barcos, nos postes da luz, nos bonetes dos mariñeiros e dos voluntarios, nas camisetas dos mozos...A calquera sitio que ollases encontrábaste co verro desesperado.

NUNCA MAIS!


Pero a nosa lingua, non é moi precisa, é coma nós. Ás veces dicimos unha cousa para que se entenda a contraria.
Por iso non debe sorprendernos, que ese NUNCA MAIS, que moitos galegos entendemos que significaba o final dos enganos de uns gobernos mentireiros e desprecavidos dos intereses do pobo, para outros significaba NUNCA MAIS vou acordarme de aquela historia, e como son masoquista encántame que me gobernen os que me menten e me enganan.

De outra maneira non se pode entender que hoxe goberne Galicia un dos altos cargos do Goberno da Xunta e o dos pequeños hilitos, sexa o presidente do Goberno da Nación.

Sería ben que os galegos o domingo día 21 de outubro lle dixesen ós que non o entenderon nen o queren entender, que NUNCA MAIS significa NUNCA MAIS!








As mentiras
Ya ha pasado el peligro más grave (15/11/2002) 
Estuve en la cacería y me vine sin participar en ella, pero estuve hablando con el presidente de la Cámara de Comercio de Madrid, el vigués Fernández Tapias, que sabe mucho de petroleros. Luego me vine para Galicia sin comer (24/11/2002) 
Manuel Fraga Iribarne, presidente da Xunta de Galiza.

Todo el fuel derramado que tenía que llegar a la costa ya ha llegado (17/11/2002) 
No puede hablarse de marea negra, sólo de un vertido de fuel (17/11/2002) 
A decisión de afastar o barco foi a mellor posíbel, porque así tocoulles un pouco a todos (10/11/2003) 
Enrique López Veiga, conselleiro de pesca da Xunta de Galiza.
Nuestros peces y mariscos alcanzan tamaños que nunca tuvieron (16/05/2003) 
Jaime Pita, conselleiro de Presidencia da Xunta de Galiza.
"El buque perdió algo de fuel al remorcarlo" (22/11/2002) (realmente, foron unhas trinta mil toneladas) 
No se trata de una marea negra, sino de manchas muy localizadas (23/11/2002) 
La impresión del gobierno es que el fuel se ha solidificado y lo que hay allí es aceite y combustible del barco (30/11/2002) 
Se piensa que el fuel está aún enfriándose, salen unos pequeños hilitos, los que se han visto, hoy en concreto, son cuatro regueros que se han solidificado con aspecto de plastilina en estiramiento vertical. Debe salir de alguna de las grietas. Están los técnicos estudiando qué significa eso (5/12/2002) 
Mariano Rajoy, daquela vicepresidente do goberno; na actualidade, PRESIDENTE DO GOBERNO DO ESTADO
Estuvimos planteándonos el haber bombardeado el petrolero con nuestros cazas F-18 y los Harrier de despegue vertical (20/11/2002) 
Las playas estaban limpias y esplendorosas, la visión era magnífica (24/12/2002) 
Federico Trillo, ministro de Defensa. 
"Lo más probable es que el fuel no toque la costa gallega" (14/11/2002) 
El destino del fuel en el fondo del mar es convertirse en adoquín (19/11/2002) 
El fuel del Prestige que se ha ido al fondo se solidificará, debido a las bajas temperaturas, y allí se quedará para siempre (19/11/2002) 
Arsenio Fernández de Mesa, delegado do Goberno.
Lo que hemos hecho es el trabajo que se tenía que realizar. Lejos de cualquier protagonismo y cerca de encontrar respuestas (20/11/2002) 
Jaume Me Matas, ministro de Medio Ambiente. 
Creo que hay alarmismos muy poco justificados (27/11/2002) 
José María Aznar, presidente do Goberno.
En la catástrofe del Prestige sólo hay un culpable: el barco (12/12/2002) 
Ana Botella, mujer-mujer 
Si llegara a deducir que la responsabilidad está en alguna autoridad pública me lo callaría, porque estaría perjudicando el patrimonio nacional(3/2/2003) 
Rodolfo Martín Villa, comisionado nomeado polo goberno para o Prestige. 
Es cierto que estuve el fin de semana del 24 de noviembre en Sierra Nevada, pero no esquié; sí recibí el premio Chirimoyo de Oro (5/12/2002) 
Francisco Alvárez "que me alejen el barco" Cascos, daquela Ministro de Fomento.









NOTA:
Contra os que sosteñen que non había outra posibilidade que arredar o barco, pensen que sinxelo sería rodealo con unha lona con un radio de uns cincocentos metros con uns chumbos e unhas boias que cercasen ó barco en un dos tantos abrigos que hai nas nosas costas e proceder a tirar o contido controladamente.

viernes, 27 de abril de 2012

POÑENDO AS COUSAS NO SEU SITIO.


As prodixiosas mentes pensantes que xiren a economía mundial, capaces de converter a palla en ouro, non foron quen de prever as consecuencias que determinados produtos bancarios orixinarían no mercado até o punto de poñer en evidencia as vergoñas do actual sistema económico global.
Algúns economistas e analistas económicos xa tiñan advertido do perigo. Pero non eran relevantes. Eran marxinais, ignorados ou desprezados por os “gurús” da economía.
Nos EE.UU. onde se detectaron os primeiros casos de grandes entidades bancarias contaminadas con produtos tóxicos, o goberno do republicano Busch, optou por rescatar estes bancos con diñeiro público. Tiña outras dúas posibilidades, deixalos caer ou nacionalizalos. Dada a cor do goberno non cabía esperar outra solución.
Debido as promiscuas relacións que os bancos manteñen entre si, unha nova “peste” expandiuse por todo o sistema financeiro mundial.
Agora os incendiarios convértense en bombeiros e son os mesmos xenios que fabricaron a “sida” os que nos dan as receitas para curala.
(Todas estas receitas van con cargo a seguridade social dos traballadores, con copago incluído).

Aproveitando o impacto producido na sociedade por esta situación de grave inestabilidade económica, é o momento de poñer orde no sistema económico occidental, agravado por outras doenzas, como son a dislocación e a competencia dos mercados das economías emerxentes.
Este é o momento de poñer ás economías occidentais en situación de competir con China e compañía.
Estamos en un mercado global onde non existen diferencias no costo das materias primas, dos transportes, da tecnoloxía, etc. que determinan o prezo dos produtos manufacturados. O problema está fundamentalmente no mercado do traballo. Os traballadores en Europa son moi caros. A industria europea non pode competir coa dos países onde se explota os traballadores e os nenos.
¿Que facer?
Podemos barallar dúas saídas e inda unha terceira mixta.
A primeira, a ética, consistiría en non permitir nos países occidentais a importación de produtos fabricados en países nos que exploten ós menores ou non se garantiren uns salarios dignos e unhas coberturas sociais semellantes ás que temos en Europa. Esta opción, que debía ser a elixida por uns países que se gaban de defender os dereitos humanos, non se toma en consideración porque vai contra as sacrosantas leis do libre mercado.
A segunda, a do terror, consiste en aterrorizar ós traballadores hasta paralizalos para que acepten pasivos unhas condicións laborais semellantes as que hoxe teñen os traballadores dos países emerxentes.


 En esas estamos. Poñendo as cousas no seu sitio.